SAMAIN ROCK, BURGAS BEAT

Samaín Rock: Burgas Beat

 

 

 

O próximo día 31 celébrase a primeira edición do Samaín Rock en Santiago de Compostela. A partir das 20 horas, na Praza dos Bombeiros da Cidade Vella estarán 3 grupos. Aquí os presentamos aos tres. Os primeiros, Burgas Beat.

 

 

Quen os coñece, venéraos. Empezaron hai máis de 25 anos en Viernes y los Robinsones. Despois chegou Cosecha Roja, un grupo que gravou tres discos (Nuevos caminos -1993-, Conducir despacio -1997- e A plena sombra -2001-), un mini-LP (Vacaciones permanentes -1994-), un EP (Aquellos maravillosos años -1996-), dous singles (“Ourense Underground” -1990- e “Se acabó” -1992-) e un recopilatorio (Un par de cosas 1991-2000 -2009-), e que tivo e aínda ten seguidores incondicionais por todo o Estado.

 

A principios da década pasada transmutaron en Burgas Beat, grupo co que, basicamente, seguen facendo as mesmas grandes cancións en discos como Ni una sombra en el horizonte -2005- ou Clic -2008-, este último gravado con outro ourensán tocado pola graza das guitarras, Magín Branco. Veñen de editar so en vinilo de edición limitada o seu terceiro álbum, Todo lo que vamos dejando detrás. Parece mentira, pero en todo este tempo o grupo, unha das mellores formacións galegas de rock da historia so fixo unha sesión vermút en Santiago, polo que este será o seu primeiro concerto nun escenario compostelán. Poida que aínda sexa un bo momento para que alguén máis se sume á causa, se é que non os coñece aínda.

 

{youtube}6nEkc2CzsAw{/youtube}

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *