SAMAIN ROCK

Samaín Rock

 

 

 

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro mércores 31 de outubro o Samaín Rock, un novo concepto  de xornada  lúdico-musical. Unha vez máis, despois do éxito acadado na Romaría Pop, Desconcierto Cultural, coa colaboración do Concello de Santiago, vai desenvolver outro evento gratuíto e de acceso libre onde se combinen o espírito das festas populares coa música rock galega. Así, conxugaranse os elementos típicos desta festividade (alimentos tradicionais da época, castañas, queimada, os disfraces) coa música en directo de artistas e bandas galegas emerxentes e consagradas, que terán unha oportunidade de mostrar as súas cancións a un público ávido de novas propostas. 

 

O Samaín Rock celebrarase na Praza dos Bombeiros de Santiago, lugar de céntrica localización, con escasos veciños e de paso, moi frecuentado dentro do centro histórico da cidade, onde se celebraron en anos anteriores as cacharelas do San Xoán. Será a partir das oito da tarde e todo o mundo está convidado, propoñendo a todos os asistentes que veñan disfrazados de músicos do rock para ambientar a xornada. En caso de chuvia, a celebración trasladarase á Zona C de Santiago. 

 

Como en todas as actividades organizadas pola asociación Desconcierto Cultural, a música é o máis importante: ata catro das bandas máis excitantes e dispares do panorama galego van actuar no Samaín Rock. Estes son os tres grupos que aportaran variedade e calidade, en concertos que se van espazar entre as 8 e as 12 da noite na Praza dos Bombeiros: Burgas Beat, Guerrera e Lendrone 

  

O fin de festa trasladarase á Zona C de Santiago, onde, a partir das 12 da noite, tocarán Pastillas Mamut, que é o resultado da unión de dúas das bandas máis prometedoras do underground lucense: Grandfather Pills e ExMamut. A mestura de música de baile con guitarras e baixo eléctrico fan que sexa un dos grupos máis orixinais saídos da cidade amurallada. Con apenas ano e medio de existencia e con idades entre os 22 e 25 anos xa tocaron en case toda a xeografía galega e autoeditáronse unha maqueta, a cal chegou até as listas de éxitos da prensa independente. Embaixadores de Lugo e a súa cultura en todos os concertos que dan, colaboraron coas deseñadoras Sara Lage e Maru Calderon, vestindo os seus deseños nalgunhas actuacións. Tamén foron protagonistas de programas de televisión como Música Ambiente gravando vídeos das súas cancións nas rúas de Lugo.

 

 

Precisamente porque o Samaín Rock vai dirixido non só á comunidade melómana santiaguesa, senón a calquera persoa interesada en gozar do lecer e da cultura nunha xornada ao aire libre, non han faltar algunhas actividades destinadas a toda a familia, como un concurso de disfraces ou un taller de maquillaxe para poder improvisar e lucir un disfrace apropiado á celebración in situ.

 

A idea xeral detrás do evento é, polo tanto, ofertar unha celebración popular nun   espazo   recreativo   urbano   onde   se desenvolve unha xornada festiva de convivencia entre veciños, coa cultura como elemento de dinamización e cohesión social.

 

Para máis información sobre as bandas e fotos visitade a web:  www.samainrock.com

 

> desconciertocultural.com

> info@desconciertocultural.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *