SAMAIN ROCK, LENDRONE

Samaín Rock: Lendrone 

 

 

 

 

O próximo día 31 celébrase a primeira edición do Samaín Rock en Santiago de Compostela. A partir das 20 horas, na Praza dos Bombeiros da Cidade Vella estarán 3 grupos. Aquí os presentamos aos tres. Os segundos, Lendrone.  

 

Lendrone é un cuarteto de A Coruña que fai rock de última xeración. Dirixidos polo multiinstrumentista Andrés Satué, publicou o ano pasado un primeiro EP chamado así, EP I. Coa súa arriscada mestura de rock, electrónica, posthardcore e todo o que a un se lle poida pasar pola cabeza, os tres mosqueteiros da cidade herculina postúlanse como a gran aposta do futuro dunha xeración de músicos galegos que non pode deixar de crear. Irmáns artísticos de Unicornibot, tamén se pirran por Shellac e Battles. 

 

Nestes días veñen de gravar un disco de 11 temas infestado de apoios electrónicos e que será publicado por Matapadre a finais de ano co título de UN. En directo demostran unha sorprendente capacidade para crear ambientes, sostelos no aire e logo esnaquizalos por completo en desenvolvementos sorprendentes.

 

 

 

 

{youtube}Bg7gb4Uj6Z8{/youtube}

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *