SAMAIN ROCK, GUERRERA

Samaín Rock: Guerrera 

 

 

 

O próximo día 31 celébrase a primeira edición do Samaín Rock en Santiago de Compostela. A partir das 20 horas, na Praza dos Bombeiros da Cidade Vella estarán 3 grupos. Aquí os presentamos aos tres. Os terceiros, Guerrera.  

 

Guerrera son catro mozos apaixonados do blues pantanoso, o rock psicodélico, a experimentación e o stoner máis setenteiro. A base de improvisar e tocar en directo dende 2010, crearon o que definen como ‘psychedelic gipsy blues’. A súa primeira referencia apareceu no disco recompilatorio Metamovida Vol. 1, editado por un colectivo musical que aúna a bandas da escena alternativa de Vigo e a súa contorna, onde aparecían xunto a bandas como Cró!, Es un árbol, Buogh!, Unicornibot, Durarará!! e Why Go.

 

Agora teñen xa gravado o seu debut, Under the Gypsy Sound, todo un tratado de blues-rock profundo e enérxico rexistrado nos estudos Planta Sónica II de Vigo completamente en directo, como lles gusta. A través da plataforma Verkami están a recadar fondos para editar 300 copias en formato vinilo cunha edición artesanal especial, con cada portada serigrafiada a man, utilizando cores diferentes.

 

 

{youtube}Y7jJGXrKeY8{/youtube}

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *