RUXE RUXE: Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras

RUXE RUXE: Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (Lobicán)

 


 

 

Incrible pensar que en Galicia hai quen leva 16 anos facendo música e ten 8 discos editados. Ruxe Ruxe, dende Aríns, seguen aí fusionando rock, punk, rock’n’roll, música tradicional, folk ou ska.

 

 

 

 

No seu novo disco, cunha morea de colaboradores como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha), seguen reivindicando con paixón o “Rock do país”, como o seu tema de adianto di,  falando con sinceridade das súas vivencias, do amor, da amizade, da vida, da morte, da crise, da política, das inxustizas, dos conflitos sociais e de toda a difícil realidade que nos rodea.

 

 

 

{youtube}ORrZJhyEgI0{/youtube}

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *