Bienvenidos aFunplex, el primer disco del siglo XXI de los B-52s. “Es rock & roll sexy y potente, con el ritmo y volumen subidos hasta el rosa fuerte”, declara el guitarrista Keith Strickland. Once canciones nuevas y frescas, confeccionadas por la revolucionaria banda que colocó a la ciudad de Athens,Georgia (EEUU) en el mapa musical internacional a finales de los años 70 y que conquistó el mundo con sus inteligentes ganchos con desparpajo, su enfoque no-convencional en el arte de hacer música y su original estilo. “Funplex suena a nosotros, pero actualizado”, añade Fred Schneider. “Son los B-52s ahora, o quince años desde ahora”.
"O traballo, amigo; é que
teño o da radio, escribo para o xornal, fago televisión, moito traballo..."
Así explica Antón Reixa o seu particular calvario, ese que fai que o
home-multimedia estea en tódolos sitios, aínda que será por gusto.
Resistencia sonora, resistencia mental. Por aí anda agora co seu inseparable
Kaki Arkarazo, bregando de novo con Nación Reixa, esta vez nas barricadas do
"Safari mental", que así é como chama a este disco de furia, intres funk
e outros máis afiados.
¿Como
se chega ó reaxuste de Nación Reixa con respecto do primeiro disco?
- O que fixemos foi amplialo. O
grupo eramos Kaki máis eu, e no directo acompañabannos o baixista Irazoki e
Xavi Pez. Pensamos darlle unha forma máis estable con Mikel Pintza, dos Negu
Gorriak. Unha batería, unha máquina, Kaki e maila voz. A Beck pareceríalle
unha orquestra sinfónica.
¿E
que pasa coas rapazas que vos acompañaban nas actuacións?
- Voltarán en canto se poida. En
vez da formulación do directo do ano pasado, máis multimedia, agora facemos
algo máis versátil e todo-terreo. A liña de poemas e pantallas
recuperarémola sempre que sexa necesario.
Este Safari mental foi
gravado nas Malloas.
- É un contraste interesante:
subir unha costa co coche en primeira, chegar ó casarío e atoparte con ese
estudio. Antes chamábamoslle o casarío eléctrico á discoteca Txitxarro e
agora temos avanzado ó casarío dixital, que é o estudio de Ángel Katarian.
¿É
este un disco de baile basicamente charlatán?
- Coido que é máis alegre que o
primeiro, con máis retranca, menos morriñoso, aínda que avanza na mesma liña
que nos trazaramos. En canto ás palabras, é o que une ós meus discos, o que
se supón que hei de facer para botarme uns cartos. Non son un gran cantante,
así que hei de poñer verbas, entrometelas na música.
¿Fuches
algunha vez a unha escola de canto?
- Fai anos fixen un curso de
técnica vocal cunha soprano e aprendín curiosidades sobre a respiración, o
diafragma, o abdome, sobre a música de Luigi Nono e cousas así. Aínda que eu
atópome mellor co rap.
¿Cal
é a razón da inclusión da versión do "Psychokiller" dos Talking Heads?
- Eso son ideas xeniais do Kaki,
xa que a canción de David Byrne forma parte un pouco da nosa banda sonora
máis entusiasta. Era o que podiamos compartir no seu día M-Ak e Os
Resentidos: na intersección atopabanse os Talking Heads. E ademais funciona
un montón no directo.
Sacado das túas verbas:
¿"Falar
por falar" ou "Todo o que se diga é pouco"?
- Hai que falar seguido e non
parar. No medio das realidades virtuais sempre hai verbas, mensaxes. É
importante non ser cómplices no silencio. Dicía John Cage que o silencio non
existe, que é imposible rexistralo porque sempre haberá algún tipo de
interferencia. Agrandar esas interferencias pode que sexa a mellor forma de
vivir de modo consecuente.
¿Quen
son Suso Barullo e María Ruido?
- Aparecen nun libro da poetisa
Chus Pato. Contos como o do emigrante de A Liña en Ourense, que mandou dende
Arizona un Dodge con reductora... Ou o vendedor ambulante de sandalias que
se namorou dunha rapaza e díxolles os seus pais que se non lla daban metía o
brazo na segadora. Meteuno e quedou manco, toda unha versión violenta e
rural de Romeo e Xulieta. Ou o daquela emigrante á que lle tocou un premio
do Deustche Bank e puxo os cartos nun saco de semente coa intención de que
florecera.
Despois de xa un tempo de
novos grupos,
¿que
hai da historia do rock bravú?
- Coincidiron moitos músicos
utilizando referencias propias e, ó tempo, internacionais, utilizando o seu
propio idioma como soporte de ideas. É o mellor que pasou en Galicia nos últimos
anos, aínda que non saíron moito fora, do mesmo xeito que non saen moitas cousas
de ningún sitio.
¿Humor
ou resentimento?
- Sempre humor, ¿non?
Nós sobrevivimos no humor.
¿Que
tal o levas con o Padre Apeles na televisión?
- É un colega co que traballo no
circo, unha estrela do espectáculo. Un reaccionario non moi de moda, xa que a
dereita e os integristas son vergoñantes e el non ten sentido do ridículo, di o
que pensa, que é a doutrina da Igrexa e resulta un espectáculo.
¿É
Reixa un renacentista ou un oportunista?
- ¿Quen
di que son un oportunista? Andiven sempre polos mesmos terreos, non cambiei.
Cando me chaman de fora do meu círculo habitual é para que faga de min mesmo,
non me violenta demasiado.
¿E
o paso da multinacional Warner á independente Esan Ozenki é un avance ou un
retroceso?
¿Significa
que as ventas non vos respaldan?
- É un notable avance. Eu comencei
na independente GASA, logo convertida en multinacional. Non é un espacio cómodo
para unha proposta como Nación Reixa, non nos poden aturar. É certo que vendemos
poucos discos, pero nunha compañía na que Los Rodríguez son case un grupo
alternativo, Nación Reixa é un estorbo, por moito cariño que che teñan. Def Con
Dos sobreviven alí porque teñen as súas estructuras alternativas. Non se pode
atender a Danza Invisible e Nación Reixa por igual. E, aínda que pareza unha
trola, non temos interese en estar na radio-fórmula e facernos millonarios con
esto, é outra historia, outras compensacións...