|
Discos -
Discos 2007
|
|
Escrito por Xavier Valiño
|
|
sábado, 15 de marzo de 2008 |
NARF: Tótem (Falcatruada) Fran Pérez leva anos percorrendo o mundo. Galiza e os países que a rodean, preto e lonxe. Tras un primeiro disco en directo e quedar finalista nun concurso de cancións en linguas minoritarias alá polos países nórdicos, Fran Pérez (Narf) presenta un segundo disco que ten ao tótem como motivo. Un tótem é un cruceiro sen brazos, un faro para os mariñeiros.
O tótem de Narf é unha viaxe por sonoridades árabes, brasileiras, africanas ou flamencas, todo ilo cun transfundo pop. Narf fala do que máis amamos e o que máis nos doe, cun canto ás veces delicado e outras cun berro atroz. Aquí están as fantasmas dos devanceiros, o choro dun neno, o bico do amante e os ollos do futuro. Os primeiros nomes que veñen á cabeza son Jorge Drexler, Vinicius Cantuaria ou o propio Caetano Veloso. Ten todo para conquistar o mundo.
|