Xocas (batería), Roi (bajo y voz) y Martin Wu (guitarra y voz) son unos clásicos de la escena gallega de los últimos años, una banda de power pop influida por el post-core de Hüsker Dü o Fugazi, la nueva ola británica de finales de los setenta y los grupos que combinan melodía y energía. En el verano de 2005 se autoeditaron su primer EP (The Homens) y en la primavera de 2006 publicaron su segundo EP. Ahora presentan, por fin, su primer álbum, Tres, lleno de versos ácidos y coros pegadizos.
Como
tódolos anos, as compañías volven face-lo de sempre: editar unha boa
colección de discos recompilatorios, caixas de varios compactos, discos de
mesturas, concertos en directo, discos de duetos, homenaxes a algún artista,
discos colectivos co que máis sonou nas radio-fórmulas, megamixes,
discos co mellor de... calquera cousa. Unha escusa perfecta para sacia-la nosa
ansia de coleccionistas. ¿Seguro? ¿Non ten máis que ver co consumismo
destes datas? Repasemos.
O ano discográfico cóntase por campañas; unha iníciase en febreiro, de
cara ó verán e os bolos estivais, e a outra en setembro, de cara ó
Nadal. É nesas entrañables festas cando tódolos selos discográficos
poñen as súas mellores armas no mercado. E fano acompañados de grandes
campañas publicitarias, cunha especial atención á televisión, onde se
deixan case tódolos seus presupostos, unha boa pasta, en publicidade.
Así,
a bote pronto, e si alguén se parou a contalos, este ano batéronse tódolos
récords, con máis de cen discos anunciados en televisión, a maioría deles
recompilatorios dunha forma ou outra. E moi duro o teñen, aínda que puideran
copa-la lista oficial de vendas, outro bo método de promoción, xa que alí
non entran máis de cincuenta. Pouco roscón a repartir para tanto producto.
O
máis curioso é que, mentres o resto do ano reina unha tremenda
competitividade entre os selos, con máis dunha puñalada nas costas, de cara
á época do Nadal -e ó verán- os corazóns abrándanse e todos arriman o
ombro de algunha maneira, cedendo ou editando as súas cancións en
recompilacións de bakalao, música latina, disco, pop-rock,
canción lixeira -lixeirísima-...
Por
si fora pouco, moitas recompilacións preparadas noutros países nunca son
editadas aquí, xa que as súas compañías teñen demasiado material nas súas
mans para promocionar ou porque pensan que non terán unas vendas mínimas.
Nada do outro mundo nun Estado no que o novo disco de Angie Stone, por poñer
un exemplo, ten que esperar data de publicación ata febreiro para non
satura-los estantes.
Que
ninguén se crea que son os grupos máis críticos co sistema os que menos se
prestan á xugada, queiran ou non. Repasemos. ¿Cantos discos editaron os cáusticos
Siniestro Total no 97? Catro: Cultura popular -repaso de éxitos alleos
do pasado-, Así empiezan las peleas -gravación en directo para o
mercado latino-, Gato por liebre –as súas versións da primeira época,
xentileza da súa primeira compañía- e Sesión vermú -o único
realmente novo-. E The Cure xa case poden presumir de se-lo grupo con máis
recompilacións de éxitos, singles, maxis e mesturas, ó que se lle engade
este ano unha nova colección de singles, incluíndo, por se non chegaba, un
segundo disco coa versión en acústico de todos eles.
O
máis rendible para as compañías é tirar do fondo do seu catálogo, sen ter
que facer maior esforzo. Ás veces faise con certo gusto, editando caixas tan
atractivas como prohibitivas para o peto. Este ano destaca a colección de 12
libros-discos de DRO, con cancións das que todos estamos xa un tanto fartos,
aínda que, alomenos, nesta ocasión tiveron o detalle de editalas cun libreto
coa historia de cada grupo, fotografías, letras das cancións e datos das
gravacións. ¡Todo una anomalía! Entre os doce destacan os de Derribos
Arias, Esclarecidos, Nikis, Parálisis Permanente, Rodríguez, Gabinete
Caligari...
Tamén
é algo demasiado habitual xa repeti-la mesma colección, con escasas variacións,
unha e outra vez, cambiando pouco máis que a portada, e para demostralo aínda
se poden ver por aí recompilatorios moi semellantes ós editados nestas
semanas de Carole King, Tom Waits, Bee Gees, Diana Ross, Jethro Tull, Pink
Floyd, Burt Bacharach, Charles Aznavour, The Stranglers, The Hollies,
Morrissey,
Dr. Feelgood, Michael Nyman, Celtas Cortos, Duran Duran, The Jackson 5, Rod
Stewart, Ultravox, Beautiful South...
Ó
seu carón están os que son realmente primeirizos neste mundo, aínda que
seguro que non por última vez: Terrorvision, Ocean Colour Scene, Go Go’s,
Collective Soul, Enigma, Green Day, Smashing Pumpkins, Ice Cube, Misfits, Kim
Wilde, Saint Etienne...
E
para eterniza-la saga, como as trece entregas de Pesadelo en Elm Street,
xa non é a primeira vez que vemos que se preparanvarios volumes dos éxitos dun artista por entregas ó logo dos anos:
U2, Madonna, Billy Joel, Bob Dylan, Leonard Cohen...
De
pouco vale que os artistas cuns certos principios levanten as súas protestas.
Moitos teñen estipulado nos seus contratos a absoluta liberdade para que as súas
compañías fagan o que lles veña en gana. Por exemplo, Simple Minds ven de
editar un recompilatorio ó mesmo tempo que o seu novo disco -de versións,
eso si-. Leonard Cohen se atopa cun disco en directo do 79 nas tendas nas
mesmas semanas que publica novo disco. E Bob Dylan ten a súa enésima colección
coincidindo co seu afortunado regreso en Love And Theft.
Case
ninguén é dono do seu propio catálogo. Das poucas cancións que Stone Roses
gravaron para a súa primeira compañía, Silverstone, estes chegaron a editar
ata tres recompilatorios, empregando incluso o traballo artístico do seu
guitarrista, John Squire –ó que estes responderon pintando casa, coche e
oficina do dono do selo-. Tamén e certo que as protestas veñen acompañadas
en tódolos casos de suculentos dereitos de autor que pasan a engrosa-las
contas correntes dos compositores, así que tampouco se esforzan demasiado en
denuncialo.
Moitas son as fórmulas que explotan as compañías para lucrarse, aínda que
se lles ocorran poucas innovacións. Os recompilatorios máis innecesarios
son, significativamente, os de maiores ventas. Aí estiveron todas esas
mesturas de música de discoteca de sábado noite de saga interminable (Bolero
Mix X, Máquina total X...), que explican as súas vendas se
pensamos que aforran a moitos pinchadiscos horas de traballo.
A
estes engadíronselles os que repasan o catálogo dunha determinada compañía,
un estilo ou época moi concreto (Calambre Techno, Spirit Of. África,
Cine Jazz, La edad de oro del pop español..) ou a máis orixinal
e novidosa oferta –ata o de agora- relacionada cos medios de comunicación (Siglo
XXI, Diálogos...)
Ademais
dos discos de duetos ou de homenaxe a un artista, tamén se pode empregar o
recurso do disco en directo, outra forma de recompilar cancións, que sirve para
estimular o ego dos artistas co respaldo do seu público e pecha-los parénteses
creativos das bandas. Sting, Radiohead, Daft Punk, Neil Finn, Steve Ray Vaughan,
Dream Theater, The Corrs, Etienne Daho, Raimundos ou Perry Blake son os últimos
exemplos nestas semanas de algo que parece non ter fin.
Quedan aínda as bandas sonoras de películas, feitas con refritos de tódolos xéneros,
os discos centrados especialmente en cancións do Nadal –este ano Destiny’s
Child, Estrella Morente e Barbra Streisand-, os unplugged ou concertos acústicos
–Paul Weller, Les Negresses Vertes nestes días-, os discos mesturados
totalmente en clave dance –Kings Of Convenience, Nusrat Fateh Ali
Khan-... Vamos, que si alguén non sabe como facer rendible o seu negocio, xa
sabe a quen dirixirse.