OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE-ALTO
Os Diplomáticos de Monte-Alto, velocidade dixital
Os Diplomáticos de Monte-Alto veñen de edita-lo seu terceiro aparello sonoro, Avante toda, unha nova incursión nos sons tradicionais e na escola das orquestas de verbena, todo elo asumido por un grupo nacido a ritmo de rock. Conversar co seu vocalista é dar un repaso acelerado polas festas de aldea, as disco-tascas ou os xogos de cartas como o tute subhastado. Pero, sobre todo, é descubri-la velocidade e a vitalidade contaxiosa que move ó grupo: «Tanta paixón, ¿quen poderá detela?». Leer más